ANACOS DE XANEIRO


Comezamos o segundo trimestre en Xaneiro (2022). E comeza un ano novo, e aparecen novas inquedanzas...pero tamén xogos e xoguetes novos que compartir.


Durante o mes de xaneiro fixemos algunhas cousiñas aprendendo sobre o inverno e as paisaxes polares.

Coa mestra Laura fixemos un "polar bear" cun prato de cartón e algodón.

Aínda que sobre o inverno continuamos facendo máis traballos que veredes en seguintes entregas.

Tamén fixemos tarefas nos nosos cadernos de "mola la letra" e de "paso a paso".



Outras actividades como por exemplo, ensartar, emparellar, xogar na mesa de luz, traballar con formas xeométricas...








E como non... a plastilina segue sendo unha das nosas actividades favoritas...



Practicamos o grafismo guiado e libre tanto nas sesións ordinarias, como nas sesións de plurinfantil e de convivencia.



En plurinfantil experimentamos coas cores, mesturando para conseguir outras novas, a partir do libro "Mix it up!"

Mirade como desfrutamos enzoufando coa pintura...!

Para finalizar este mes de xaneiro, conmemoramos o Día da Paz e a Non Violencia Escolar. Este ano tocou facer pombiñas da paz, e escoitar unha canción que nos gusta moito: "Reír" interpretada por Levi Díaz.




Comentarios