MATERIAL PARA O CURSO ESCOLAR 2020/2021. EDUCACIÓN INFANTIL


LISTAXE PARA O ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL

  • 2 lapiceiros nº2hb triplus.
  • 1 caixa de 24 ou de 18 cores plastidecor.
  • 1 caixa rotuladores steadler (para 3 anos: 12 cores grosos, e para 4 e 5 anos: 20/24 cores finos).
  • 1 caixa de 12 cores pinturas madeira alpino (recomendable as trimax).
  • 2 gomas de borrar.
  • 3 tubos de pegamento de barra.
  • 2 paquetes grandes de plastilina. (pastillas de mínimo 350 grms.) e de ser máis pequenas coller 3 ud. As cores, escoller ao gusto.
  • 2 paquetes de 500 folios brancos A-4.
  • 1 paquete de 100 folios de cores variados A-4.
  • 1 bloc de papeis variados para plástica.
  • 1 tesoiras escolares.
  • 1 bote pequeno de cola branca escolar.
  • 1 caixa pequena de xices de cores e un pequeno tupper para gardalas.
  • 3 carpetas A4 de plástico con goma ou 3 sobres de plástico con peche (A4)
  • 2 sobres de plástico con peche (un tamaño A5, e outro tamaño A4).
  • 1 paquete de bolsas tipo zip ou con peche (serven as do Lidl, Mercadona, Día...).
  • 1 paquete ben identificado con 5 ou 10 máscaras de reposto.
  • 1 estoxo para gardar as máscaras.
  • 2 paquetes de toalliñas húmidas.
  • 3 paquetes de panos desbotables tipo tissues.
  • O mandilón con botóns e identificado co nome.

  • Unha muda de roupa por si se manchan. De precisar unha maior hixiene, o profesorado poríase en contacto cun familiar para que se achegue ao centro a recoller ao neno/a.
Como unha imaxe vale máis que mil palabras.... preme para ver máis grandes:


NON ESQUEZAS QUE...

Toda a roupa debe vir perfectamente identificada. Aconséllase que a roupa e calzado do alumnado de infantil sexa moi cómoda para facilitarlles a súa autonomía á hora de ir ao baño ou se tiveran que mudala por si se manchan.

Este curso, dada a situación, non empregaremos axenda, xa que as notificacións serán a través de de canles telemáticas (telefonía, páxina web, blogs e  abalar).

As mochilas que traian ao colexio deben ser sen rodas e axeitadas ao seu tamaño.

Para a merenda, debe vir preparada para que o alumnado a poida comer directamente, nun recipiente debidamente identificado co seu nome, e con tapa que poida abrir sen axuda. o profesorado non pode manipular ditos alimentos.

O material debe vir en bolsas ben identificadas e deixádelas na entrada, onde o banco baixo a cuberta. O persoal do centro será o encargado de levalas ás aulas.

Nos días de calor e sol, convén que os nenos/as traian viseira (identificada) e botada unha protección solar. Tamén auga suficiente para a xornada.

No caso de ser preciso, ao longo do curso, solicitarase a reposición ou a achega deste ou doutro material que sexa necesario para o desenvolvemento das actividades e tarefas programadas.

Non se permite traer obxectos nin xoguetes da casa que non foran previamente solicitados para levar algunha actividade en concreto.

Este ano non levaremos a cabo a actividade de préstamo físico de libro/conto da biblioteca.


Calquera dúbida contactar co colexio e o titor

Moitas grazas.


Comentarios