CHEGOU O APALPADOR!!! BO NADAL!


O alumnado da aula verde realizou unha sesión de fotos e vídeos, bailando e máis un xogo de busca de pistas sobre o Apalpador. Non houbo moitos ensaios, porque a sorpresa foi un factor clave! 

Non poden estar máis simpáticos e simpáticas co disfrace. Que risas pasamos!

Aquí vos deixamos unha sinxela montaxe coas imaxes e vídeos, xunto á canción de Brinca Vai: "O Apalpador", composta por Paco Nogueiras.




E aproveitando a decoración do Nadal, fixemos outra sesión de fotos... Non me digades que parecen auténticos bonecos e bonecas do guapos e guapas que están!











Dende a aula verde,  queremos agradecer á ANPA polos agasallos recibidos, e desexamos a todas as familias un BO NADAL E FELIZ ANINOVO!
   




A cousa non remata aquí, proximamente subiremos outra entrada cun resumo das actividades e tarefas realizadas ao longo do mes decembro...



Comentarios

Publicar un comentario