7 DE ABRIL. DÍA MUNDIAL DA SAÚDE.

 CORONA VIRUS MODEL

A actividade para conmemorar o día mundial da saúde desenvolveuse na sesión de Lingua Inglesa e Plurinfantil. Como non podía ser doutro xeito, era necesario seguir reforzando as medidas de precaución, hixiene e seguridade que este ano a pandemia nos obriga a manter na escola.

O alumnado realizou unha sinxela maqueta con diverso material: esferas de polispán, palillos e plastilina, despois de ver un vídeo cunha canción en inglés sobre a saúde e sobre o coronavirus.

Traballaron ademais da motricidade fina e da coordinación oculo-manual, os números, as cores e as formas.

Unha tarefa a cargo da teacher Laura.


Comentarios