O NOSO SISTEMA SOLAR

O "NOSO CREACIÓN" DO SISTEMA SOLAR

 







A TERRA E O SISTEMA SOLAR



A TERRA

A Terra é o único planeta que ten vida porque... aínda non conseguimos atopar extraterrestres en ningún outro sitio. E, como vimos a semana pasada, hai que coidala moito porque é a nosa casa!

Pero... que sabes da Terra?



A Terra ten un satélite, a a, que da voltas ao noso arredor. A Lúa ves mellor pola noite, aínda que a veces se ve tamén de día, fíxate ben!

E sabias que a terra se move?

A terra da voltas a redor do sol e tarde 356 día e 6 horas en dar unha volta completa. Este movemento chámase Translación e gracias a eso sucédense as estacións (primavera, verán, outono e inverno) do ano e a duración dos días e as noites.

Pero tamén da voltas a redor dela mesma e tarda 24 horas, 1 día, e, dar un xiro completo. Este movemento chámase Rotación, e da orixe a os días e as noites.

OS MOVEMENTOS DA TERRA

A Terra é o terceiro planeta dende o Sol e o quinto máis grande dos planetas do Sistema Solar. Pero... que é o Sistema Solar?


O SISTEMA SOLAR

O Sistema Solar está formado polo sol e 8 planetas que xiran a redor del, en camiños que se chaman órbitas. A redor dalgúns planetas orbitan obxectos rochosos, son os seus satélites ou lúas. O satélite da Terra é a Lúa.



Se queres saber máis cousas sobre a Lua pincha AQUÍ.


No centro do Sistema Solar hai unha estrela: o Sol



O Sol é unha estrela, pero non é a estrela máis grande. Solo é a que está máis cerca a nós e por eso parece que brilla máis e que é máis grande que as outras.

O Sol danos luz e calor, e gracias a el os animais e as plantas crecen. O Sol é moito máis grande a Terra, pero en realidade é moito máis pequeno que outras estrelas del Universo.



E arredor xiran 8 planetas




Nos vivimos no planeta Terra. Pero ademais da Tera existen outros planetas dando voltas ao Sol. Imos a coñecelos!

Mercurio, Venus, Terra e Marte son son pequenos e de rocha, son os que máis cerca están ao Sol e polo tanto os máis quentes.

Mercurio é o máis pequeno e está cheo de buratos chamados cráteres, que se producen cando chocan contra el unhas rochas espaciais chamadas meteoritos. Como está tan cerca do sol fai moita calor.

Venus, é máis brillante que o resto e está incluso máis quente que Mercurio. A veces podes velo pola tarde ou pola mañá moi cedo, vaiche encantar porque se ve moi branco e máis brillante que as estrelas!.

Marte é o planeta vermello. Na antigüidade tivo un gran océano, que xa non está, pero quedaron restos de moitos ríos e de praias!

 


Xúpiter, Saturno, Urano e Neptuno son xigantes e son de gas, son os que están máis lonxe do sol e van sendo os máis fríos segundo nos imos afastando.

Xúpiter é o máis grande do Sistema Solar. E ten moitísimas lúas; máis de sesenta!

Saturno é o famoso planeta dos aneis. É o segundo máis grande do Sistema Solar, despois de Xúpiter. Os aneis son a agrupación de millóns de partículas que xiran a unha gran velocidade.

Urano é un pouco máis pequeno ca Saturno, e está sempre tumbado! Es el planeta máis frío, más incluso que Neptuno!

Neptuno é moi parecido a Urano. É o planeta máis afastado. Cada moito tempo Plutón, un planeta anano, métese no seu camiño pero... nunca van a chocar, non hai que preocuparse.



Ademais dos 8 planetas, no Sistema Solar tamén hai:

  • Planetas ananos; Plutón, que ten outros irmáns e primos, planetas ananos coma el.

  • Ademais hai un montón de rochas: asteroides, que son máis pequenos que os planetas ananos. Cando caen nos planetas chámanse meteoritos.

  • E millóns de cometas, bolas de xeo e neve que van polo espazo e que se desfán ca calor do Sol. Van deixando un camiño de restos detrás, e cando eses restos caen á Terra forman as preciosas estrelas fugaces.


Se queres saber máis... déixoche un enlaces para que sigas investigando, aprendendo e... se queres podes compartir con nós o que descubras mediante un vídeo contándonos, fotos.... Anímaste?

https://www.youtube.com/watch?v=vQIsQK4m7Qk

https://www.youtube.com/watch?v=CVggtqgOcdo

https://www.educa-ciencia.com/sistema-solar-infantil.htm


Tamén te animo a que fagas algún experimento ou manualidade relacionada co Sistema Solar. Déixoche algunhas ideas. Xa verás que divertidas!


LANTERNA DE CONSTELACIÓNS

https://translate.google.es/translate?sl=en&tl=es&js=n&prev=_t&hl=ca&ie=UTF-8&u=http%3A%2F%2Fpagingsupermom.com%2F2013%2F06%2Fstar-gazing-flashlight-activity%2F


MÓBIL SISTEMA SOLAR

https://www.elinvernaderocreativo.com/proyecto-sistema-solar-diy-para-astroaficion/


DESEÑAR UNHA CAMISETA ASTRONÓMICA

https://www.youtube.com/watch?time_continue=80&v=7AunE_bcfUI&feature=emb_title



Comentarios