PRANTAMOS UNHA ÁRBORE

PRANTAMOS UNHA ÁRBORE




ACTIVIDADES E SEMENTMOS UNHA ÁRBORE


Dar a coñecer aos máis pequenos a importancia das árbores e a necesidade da súa protección é o principal obxectivo deste proxecto.

Por iso, e tendo como pano de fondo a primavera, queremos fomentar a experimentación dos nenos e das nenas en relación coas árbores e os bosques, coa realización dunha serie de actividades amenas, que non lles cansen e os motiven moito.


ACTIVIDADES:

1. Investigar sobre as principais especies de árbores do nosa contorna.


2. Experimento de sementa e plantación dunha árbore: plantamos un aguacate, partindo unicamente dun óso e unha maceta.

  • Sacamos a pebida ou o óso do aguacate.

  • Limpámola.

  • Temos que introducir a metade da pebida ou óso en auga polo que lle poñemos tres escarvadentes cravados na metade.

  • Enchemos un vaso de auga.

  • Cando a raíz alcance uns 10 cm, sacaremos a pebida ou óso da auga.

  • Quitámoslle os escarvadentes.

  • Preparamos unha maceta non moi grande con terra.

  • Plantamos e regamos a pebida. Colocarémola de tal forma que a metade dela estea dentro da terra e a outra metade fóra.

  • En pouco máis dun mes comezasen a saírche follas.

É de vital importancia para o seu crecemento unha vez que se plantou regala e protexela do que poida afectala, como os ventos moi fortes ou temperaturas extremas.


3. Realización de collagues con materiais naturais, xoguetes...

    Con follas e flores:

Con pétalos de flores:

Con paus:


4. Abrazamos unha árbore.

(Para sentirnos mellor e enchernos de enerxía)


Podes enviarnos as túas fotos ao correo do colexio: ceip.virxedocamino@edu.xunta.gal 


AS VOSAS CREACIÓNS

O flamenco de Vera:


Comentarios