OS OCÉANOS: COIDAMOS O NOSO PLANETA II

OS OCEANOS E O SEU COIDADO




Os océanos son lugares moi fermosos onde habitan millóns de especies fascinantes.

Algunha vez te preguntaches que sabes ti dos océanos? De seguro hai moitísimas preguntas que che gustaría responder.

COUSAS QUE NON SABÍAS DO MAR

E... aquí imos a tratar de responder a algunhas outras:

  • Que hai dentro dos océanos? Pois a maior parte dos océanos aínda non se exploraron. É tan profundo que hai moitos sitios aos que non podemos chegar.
  • Coñecemos todos as que hai no océano? Moitísimas! De feito viven máis animais debaixo da auga que sobre a terra. De feito calcúlase que a maioría das especies que hai no planeta son mariñas! A pesares de que haxa moitas que aínda non coñecemos.
  • Por que parece que o mar marcha lonxe a unhas horas e despois volve a vir? A culpa dese suceso téñeno as mareas.
  • Que son as mareas? O sol e a lúa exercen unha forza de gravidade sobre a Terra. Esa forza que fai a lúa e o sol arrastran as correntes de auga, facendo que desaparezan cara un lado e logo cara o outro. Así se producen as mareas. A forza de gravidade que exerce a lúa é maior ca do sol, por eso se di que a lúa é a culpable de que o mar desapareza. E cando o mar desaparece dise que é marea baixa, e cando volve a aparecer que é marea alta.
  • É certo que existen tesouros no fondo do mar? Si, claro, tesouros e obxectos moi valiosos de civilizacións antigas. De feito o océano podería ser o museo máis grande e valioso do mundo.
  • E as sirenas? As sirenas xurdiron dunha lenda, pero moitos navegantes aseguran que as viron... Ao mellor son unha desas especies que aínda non se descubriron!

Se sentes curiosidade e tes máis preguntas na túa cabeza... atrévete a investigar e buscar información en libros, internet... e a compartilo con todos nos!


O SEU COIDADO





Desgraciadamente, o ser humano leva décadas contaminando os mares e beneficiándose da sobreexplotación de numerosos animais mariños.

LEMON

https://www.youtube.com/watch?v=BxD6GNSNJHk


COIDEMOS O NOSOPLANETA

https://www.youtube.com/watch?v=S_SaCPa1Zkg


Por eso aquí che deixo uns consellos para coidar o mar, xa que o lixo que vai a parar aos océanos ten consecuencias moi graves non so para a vida mariña, se non tamén para os nós.



Utilizar menos plásticos: os restos de plásticos son un problema cada vez máis grande en todos os océanos. Na actualidade podemos atopar mares cubertos de lixo, e a gran parte deses residuos provén dos ríos. Estes plásticos causan a morte de numerosas especies



Sobreexplotación dos mares: moitas poboacións de peixes estanse reducindo e incluso en perigo de extinción debido á enorme demanda e a pesca insostible. E esto ten consecuencias en todo o ecosistema mariño; a redución de exemplares dunha especie pode levar á diminución da poboación de outra, e así sucesivamente.



Practicar deportes sin motor

Determinados deportes acuáticos que empregan motores (motos acuáticas, iates de recreo...) contaminan o mar. Polo tanto, parano contaminar no seu lugar, pódense practicar outros como o surf, o mergullo, o kaiak... e realizalos sempre respectando o hábitat mariño.



O NOSO PROPIO OCÉANO

A continuación propoñévosvos un par de actividades para que teñades o voso propio océano, eso si, coidado.

O MAR NUNHA BOTELLA

https://www.youtube.com/watch?v=NFFLLv4gsuE


https://www.pequeocio.com/como-hacer-el-mar-dentro-de-una-botella/


ARTE CON SAL E PINTURA

(Podes escoller e facer o teu animal mariño favorito)


FONDOS MARIÑOS



Ademais de convertervos en científicos e investigar sobre os océanos... podedes facer moitas cousas relacionadas co mar e mandalas ao correo do colexio para que vexamos todos que chulas vos quedaron!

ceip.virxedocamino@edu.xunta.gal

ceipvirxedocamino@gmail.com


Por último deixámosvos uns libros sobre este mundo tan apasionante e con tantas cousas por descubrir dos océanos.

           

E un sobre a contaminación dos océanos.




Comentarios