RECOMENDACIÓNS MUSICAIS E TEATRAIS


A expresión musical, dramática e corporal son eixos fundamentais no desenvolvemento dos nenos e nenas de 0 a 6 anos. Por iso é tan importante empregar diferentes recursos ao noso alcance para favorecelo.
Aquí vos deixo un pequeno listado que vos pode resultar interesante para estes días: 


Uxía Lambona e a Banda Molona mestura a música tradicional e popular con ritmos actuais un tanto "rockeiros", que van facer que non queiras parar de bailar e cantar.
No seguinte enlace podes facelo cos videoclips deste grupo: Canle YouTube

Migallas é unha pequena compañía galega de teatro, que tamén ten canle en YouTube onde podedes ver vídeos dos seus espectáculos, obradoiros e videoclips musicais. Algunhas das súas cancións son ben coñecidas por todo o alumnado de educación infantil.... Dende logo unha das cancións que máis lle gusta é Miña abuela Manuela.

Neste outro enlace podedes atopar un blog sobre a importancia da música na educación con múltiples recursos: Preme aquí.

A música clásica é totalmente necesaria, ademais de axudar a crear un ambiente relaxado e tranquilizador, achega aos oídos das nenas e nenos os matices dos sons producidos por diferentes instrumentos musicais, de xeito natural e harmonioso. Interesante o que nos ofrecen as seguintes canles de YouTube:
Bellaterra Música Editorial.- Música clásica de contos.
Smile and learn.-Instrumentos de corda.
Smile and learn.- Instrumentos de vento.
Smile and learn.- Instrumentos de percusión.

Para rematar dúas pezas de teatro infantil, neste caso en castelán:
"Los tres cerditos" (duración 55 minutos)
"Los tres cerditos" (versión de monicreques máis curta)

Comentarios