DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL

Que tal estades familias e alumnado? 
O 2 de abril é o día internacional do libro infantil e xuvenil, por iso facemos varias propostas opcionais para quen queira participar:
1.- David Acera ofrece contacontos dende o seu Facebook. Si vos interesa aquí está a ligazón: https://es-es.facebook.com/cuentos.cuento 
2.- Queredes contarnos un conto dende a vosa casa? Podedes gravalo en vídeo e compartilo na seguinte ligazón (é preciso ter un conta de Google ou rexistrarse na App):
 https://app.box.com/s/08fgo91vuz8fvxjydecjjb9408xryd0s, e así os vosos compañeiros e compañeiras poderán velo e escoitalo.
3.- Abrimos a sección de comentarios neste blog (só usuarios con conta de Google), onde podes comentarnos cal ou cales son os teus contos preferidos, que personaxe de conto che gustaría ser.... Ou simplemente que conto nos recomendarías ler.
4.- Fai un debuxo dun conto, ou inventa un conto cun debuxo. Sácalle unha foto, e envíala por email: ceipvirxedocamino@gmail.com contándonos de que trata o teu debuxo/conto.
Ánimo a todxs!

Comentarios