Na semana da prensa levamos a cabo varias tarefas relacionadas cos xornais:
Unha delas foi na asemblea, falar sobre os xornais, que son, como son, para que serven, que información podemos atopar nun xornal, quen traballa na prensa...
E outra foi a proposta de provocación mediante instalación artística collendo como base follas de xornais dispostas de diferentes xeitos, pero na que había dous tipos de material máis: tiras de papel de distintas cores, e tesoiras... Primeiro demos unhas pautas de comportamento e tras observar e pensar sobre o que estábamos a ver, deixamos libre a imaxinación para xogar con este material.
![]() |
Proposta de provocación mediante instalación artística |
![]() |
Non todos se animaron a participar nun principio, pero ao final non se puideron resistir... |
![]() |
Tanto o xogo espontáneo como o provocado, resultan fundamentais
no desenvolvemento dos nenos e nenas da etapa infantil.
|
Comentarios
Publicar un comentario