XXII CONVIVENCIA INFANTIL EN TRIVES: "CHOLO E NELA POLO CAMIÑO DA LINGUA"

Unha gran xornada que foi posible grazas ao traballo e dedicación da organización e coa suma de moitos docentes e familiares implicados nesta festa única no noso país.
Este ano a temática foi a fala. O CEIP Plurilingüe "Virxe do Camiño" participou con dous xogos: "Explota a nosa fala" e "Deixa voar o galego".
E o máis o importante, ver disfrutar ao noso alumnado con todos os xogos e obradoiros. Non faltou a festa, a música e o baile, e por suposto, os inchables e brincadeiros. Tamén estiveron presentes os corpos de seguridade e emerxencias facendo, como xa ven sendo costume, exhibicións dos vehículos especiais.


Comentarios