A clase de 6º de infantil ven de rematar un dos pequenos proxectos de traballo deste curso, referente á época dos descubrimentos, na que antigos navíos traían ouro, prata e outras pedras preciosas das chamadas "Indias Occidentais" e outros territorios do "Novo Mundo". De seguro que xa por entón surcaban os mares algún que outro...
PIRATAAAA...!!!
Ver en Genial.ly
 |
Comeza a aventura... |
 |
A 1ª pista levounos da aula
ao patio cuberto. |
E que casualidade que nos apareceu unha botella cunha mensaxe e unha pista que seguir...e así, fomos percorrendo toda a nosa escola, converténdonos en piratas, pista tras pista, ata completar un mapa para poder atopar o noso pequeno tesouro agochado... Que ben o pasamos!!!
 |
Atopamos a 2ª pista e mailos disfraces! |
 |
Atent@s á segunda pista... |
 |
Buscamos un compañeiro parlanchín na biblioteca... |
 |
Houbo que piratear na cociña e no comedor
para atopar a seguinte pista e mailo chapeu. |
 |
Volta para aquí e acolá... a buscar a 4ª pista |
 |
E agora ... que? Pois a seguir buscando... |
 |
...E unha espada para facer... Buf!... Quen dixo que era doado ser pirata? |
 |
A nova pista levounos a aula de psicomotricidade...
velahí os parches piratas!!! |
 |
Agora xa cos anacos do mapa... |
 |
Fomos compoñendo o mapa
para atopar o agocho do tesouro. |
 |
Así que dispostos co noso atuendo
e as ferramentas precisas... |
 |
Houbo que interpetar as indicacións do mapa. |
 |
E por fin... o tesouro, aquí estaba enterrado, non podía ser doutro xeito. |
Queremos darlle as grazas á mestra Lucía Diéguez (PT), por acompañarnos nesta aventura e de paso facernos esta bonita reportaxe gráfica.
 |
Non puidemos resistir máis, houbo que rachar as botellas para sacar o noso tesouro... |
Comentarios
Publicar un comentario