CHARLA-OBRADOIRO: "Primeiros auxilios"


Hai xa uns días, por iniciativa doutra nai, levamos a cabo nesta ocasión, unha charla-obradoiro sobre primeiros auxilios. 

Saber como actuar no caso dun atragantamento, ou como se fai unha sinxela maniobra para reanimar a unha persoa que está inconsciente cunha parada cardio-respiratoria, pode ser crucial para salvarlle a vida... 

Mais nunha situación de emerxencia debemos avisar ao 112 e seguir as súas indicacións

Esta actividade realizouse con todo o alumnado do centro. Por iso, en breve, teredes máis información na páxina web oficial da nosa escola.



Comentarios