CHARLA-EXPOSICIÓN DE INSTRUMENTAL SANITARIO

  O pasado 1 de febreiro, levouse a cabo unha actividade con todo o alumnado de infantil, sobre o coñecemento dalguns utensilios que empregan os profesionais da  sanidade: médicos/as, enfermeiros/as, etc.
     A proposta naceu por parte dunha das nais dos nenos, a cal nos estivo mostrando e explicando sobre o funcionamento dun pulsiómetro, un fonendoscopio, entre outros aparellos. Foi unha experiencia enriquecedora e motivadora.
    Ademáis na aula de 3 e 4 anos, creamos o "recuncho do médico" onde temos instrumentos médicos coma: maletíns de doutor, radiografías, imaxes do corpo humano...  gracias á colaboración das familias.
   Dende aquí queremos animar a todas e cada unha das familias para que, sempre e cando queiran, participen no proceso de ensino-aprendizaxe do alumnado a través de actividades coma por exemplo charlas, exposicións, obradoiros, lecturas e narracións... ou calquera outra proposta que sexa viable e que poidan vir a levar a cabo connosco na aula.