ESTREAMOS A NOSA BITÁCORA

Hoxe, día 23 de xaneiro de 2019, estamos de "debut".

Un novo espazo para compartir as nosas andainas pola aprendizaxe da vida. Unha xanela que nos permite expresar, doutro xeito máis, o noso esforzo para chegar a ser persoas de ben.

Pouco a pouco, aqui, onde comeza o camiño, teremos a oportunidade de ir descubrindo as experiencias que transcorren na nosa escola.

A nosa benvida, especialmente aos familiares e á comunidade escolar do CEIP Plurilingüe "Virxe do Camiño",e ,en xeral, a toda a Comunidade Educativa.

Comentarios