RECURSOS PARA FAMILIAS

 NESTA PÁXINA, IREI SUBINDO ALGÚNS RECURSOS PARA AS FAMILIAS


Cada comportamento é unha forma de comunicación.

Cando un neno/a mostra comportamentos que son difíciles ou non desexables, comprender o que está comunicando mediante o comportamento é o paso máis importante para poder lograr un cambio.


EDUCACIÓN EMOCIONAL, ¿UNHA ASIGNATURA PENDENTE?


LECTURA RECOMENDADA: "La familia, la primera escuela de las emociones" de Mar Romera (na editorial Destino, 2017). Aquí tedes unha ligazón ao libro en google books (non está completo).


EDUCAPLANET

Nesta web podedes atopar e descargar recursos dixitais, interactivos ou imprimibles, e moi bos. Moitos deles aplicables en tablets e móbiles.




LIGAZÓNS PARA DESCARGAR CADERNOS DE GRAFOMOTRICIDADE E CALIGRAFÍA EN PDF:


ESCOLA DE PAIS E NAIS 

FOLLETOS DE JESÚS JARQUE ofertan orientacións prácticas e realistas sobre temas clave da educación dos fillos e fillas, de 3 a 12 anos aproximadamente.

CUENTOS PARA PORTARSE BIEN EN EL COLEGIO Libro en PDF de J. Jarque


VIDEOCONTOS:

  • Para aprender a compartir:

  • Para aprender a colaborar en equipo:



SISTEMA DE ECONOMÍA DE FICHAS PARA NENOS E NENAS QUE PRECISAN MODIFICAR OU MELLORAR CERTAS CONDUTAS:
As condutas a mellorar deben ser acordadas xunto co neno/a, e conforme a obxectivos moi claros e concretos. Aconséllase comezar por unha ou dúas, e como máximo tres. Que sexan moi específicas e propostas en afirmativo. Débese cumprir de xeito rigoroso (por exemplo: non deixar para despois, modificar ao antollo ou cambiar condicións que se teñan acordado, hoxe non o facemos, esquecinme....).
O calendario/panel pódese imprimir, ou plastificar, e empregar gómets ou cariñas plastificadas que se poidan quitar e poñer con velcro (ollo que o neno/a non intercambie segundo lle conveña). DESCARGAR MODELO.
Con este método trataremos de modificar condutas, comportamentos e establecer rutinas apropiadas na vida cotiá dos nosos nenos e nenas.


MENSAXE DUN NENO/A AOS SEUS PROXENITORES:
Os fillos e fillas sempre teremos en conta aos nosos pais e nais, aos nosos maiores, e aos nosos mestres e mestras, tanto no futuro coma durante o noso crecemento persoal ao longo do tempo.


A TEORÍA DA MENTE. O EGOCENTRISMO INFANTIL
O desenvolvemento cognitivo, intelectual, afectivo e social, está afectado polo egocentrismo infantil. Tentar de comprender aos nenos/as da etapa infantil, pasa por comprender a súa situación evolutiva





LIBROS INTERESANTES:
GUÍAS E PUBLICACIÓNS:

MÚSICA QUE ESTIMULA OU RELAXA...




OUTROS RECURSOS:
JUGARIJUGAR é unha tenda online, con xoguetes e xogos que promoven pedagoxías activas e sensibilizadas co desenvolvemento integral do neno e da nena.


Comentarios