A XORNADA NO DÍA A DÍA. CURSO 2020-2021

 

TAREFAS, RUTINAS E HÁBITOS NA XORNADA LECTIVA DE INFANTIL

(nos meses de setembro e xuño, esta pode sufrir pequenas modificacións para adaptarse ao horario de xornada continua)

 

Antes de vir ao colexio.- debemos realizar a autoavaliación na casa para descartar posibles síntomas. Non vamos ao colexio se sospeitamos ou presentamos algún síntoma compatible a covid. Teñen que traer o mandilón xa posto desde a casa cada día.

 

Antes de entrar no colexio.- por orde, tomaremos a temperatura, desinfectaremos as mans e as pegadas do calzado na alfombra. Despois en orde vamos ás ringleiras da nosa cor. Infantil é a aula verde, entón vamos á ringleira de cor verde e poñémonos enriba dun círculo para gardar as distancias.

 

Rutinas de entrada.- quitamos as mochilas e colocámola no sitio que nos corresponde, tamén a roupa de abrigo se fose o caso, cada quen na súa percha. No caso de quitar a máscara, primeiro aseamos as mans, e hai que gardala no estoxo de máscara.

 

1ª sesión:

Para comezar, agora a asemblea será sentados nas nosas cadeiras. Facemos os saúdos e as rutinas habituais da asemblea (o calendario, o tempo, cantigas, repasar os nomes, etc)  e tamén un tempo destinado á sesión de Ed. para a saúde fronte á covid-19. Este ano non haberá a figura do/a encargado/a.

Despois podemos facer unha sinxela proposta grupal (resolver un acertixo, repasar letras, a ruleta das letras, números, xogo de imitación, pictos e ítems).... Ou conversar sobre algo. Tamén para romper a monotonía de estar sempre sentados, podemos facer pequenos xogos psicomotores ou de educación emocional.

 

2ª sesión:

A continuación pasamos ás tarefas individuais de mesa. Este ano toca o proxecto croqueta, aprenderemos investigando, poñendo a funcionar todo o noso cerebro. Excepto o xoves que teñen Relixión ou Alternativa a relixión (segundo sexa o caso de cada quen).

 

Rutina 1.- recollida do material (este ano non se pode compartir, cada quen será responsable do seu propio material) e aseo de mans para poder tomar a merenda, tranquilamente sentados. 

Unha vez rematamos a merenda, volvemos a facer un aseo de mans para poder poñer a máscara ( e posteriormente se fose o caso a roupa de abrigo ou viseiras).

 

RECREO

(o tempo de media hora pode ser flexibilizado por máis tempo, esta é unha das medidas do Plan adaptación Covid, pero realmente, na etapa de Infantil sempre estivo permitido, a zona verde de infantil é a que lle corresponde para estar no recreo. Sempre que non chova).

 

Rutina 2.- Á volta do recreo, de novo un aseo de mans e sesión de contacontos, ou lectura libre (Proxecto Lector).

 

3ª sesión:

6º.- rotación de recantos. (Este ano os recantos son individuais, e irán rotando alternativamente unha vez ao día. Son os recantos de plastilina, letras, biblioteca, ordenadores (2), encerado, plástica, números, construcións e croqueta (este último relacionado co proxecto).

 

Rutina 3.- Recollida de material e dos recantos e aseo de mans.

 

COMEDOR E RECREO

(O alumnado de infantil con servizo de comedor, comerá na aula-comedor habilitada na mesma planta e estarán atendidos por una persoa colaboradora de comedor que será sempre a mesma, e sairán ao patio acotado como zona verde de infantil. Sempre que non chova) (Os menús escolares estarán dispoñibles a través da Web oficial do colexio).

 

Rutina 4.- Á volta do recreo de novo un aseo de mans e unha sesión de relaxación. Que pode incluír posteriormente unha pequena sesión de debuxo libre ou guiada, tarefas de estimulación sensorial, de fomento da atención e/ou da concentración. Xogos psicomotrices e/ou técnicas de introdución ao mindfulness e de ioga para nenos/as. Xogos didácticos manipulativos individuais. Actividades de repaso e/ou reforzo e ampliación.

 

4ª e 5ª sesión: obradoiros (en función da duración dos mesmos)

Luns: Expresión Musical (Andrea)

Martes: Psicomotricidade (Iago) (Traer roupa e calzado de deporte posta coma sempre).

Mércores: Plurinfantil e Lingua inglesa (Laura).

Xoves: PELO (Programa de Estimulación Lingüística Oral) (Rubén).

Venres: TIC e audiovisuais. (Felipe)

 

Rutina 5 (de saída).- Recollida de material, repasamos a xornada,. Aseo de mans. Poñemos a máscara, roupa de abrigo (se fose o caso) e mochila (nesta orde). O mandilón irá todos os días para casa (posto ou na mochila), e tamén as viseiras.

O alumnado de transporte sae pola porta do patio interior, o resto pola porta principal, rógase puntualidade para evitar aglomeracións.

 

 

 

OUTRAS NORMAS E MÁIS...

USO DE ASEOS: Para ir ao aseo, de un en un, en infantil como contamos con dous aseos, un a cada aseo. Reforzar a necesidade de lavar as mans despois de ir ao aseo. Secar as mans cos panos desbotables e tirar na papeira con bolsa.

MERENDAS: os alimentos deben vir preparados para o seu consumo, e que os mestres non teñamos que manipulalos se é posible. Recipientes sinxelos de abrir e cerrar por eles/as mesmos/as. Auga en botella. Todo identificado co seu nome. Non se permite compartir comida nin bebida.

MÁSCARAS: O alumnado ten que traer unha máscara posta, e outra de reposto nun estoxo cerrado. En infantil a proposta é que traian un paquetiño de 5 ou 10 máscaras para que queden de reserva na aula, no caso de que precisen repoñelas nalgún momento. A máscara que traian normalmente, é a que empregarán, no caso de ser reutilizable ou lavable, lóxicamente vólvena a  levar. De ser dun só uso, e de ter que cambiala, débese tirar á papeleira con bolsa.

XOGUETES E OUTROS OBXECTOS: Non se permiten traer da casa obxectos nin xoguetes se non foron solicitados para realizar unha tarefa concreta.

MANDILÓN: É obrigatorio traelo posto desde a casa. Todos os días o van a levar de volta. Que sexa de botóns.

MATERIAL: Non se pode compartir, e debe vir debidamente identificado.

ROUPA DE MUDA: Como mínimo unha muda completa, por si se manchan. No caso de precisar unha hixiene máis profunda, avisarase á familia.

COMUNICACIÓN:

-      A Aplicación Abalar Móbil principalmente (non se empregarán axendas) https://www.edu.xunta.gal/espazoAbalar/

-      Teléfono do colexio (avisos ou comunicación telefónica, titorías...)  (988324205)

-      Teléfono do titor para casos excepcionais ou de maior urxencia (680354128)

-      Páxina Web do colexio:  información do colexio e en xeral, avisos, notificacións, promoción de actividades, descarga de modelos, etc..  Non hai que rexistrase par acceder

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipvirxedocamino/

-      Blog da aula verde (infantil) “Onde comeza o camiño”: Información da aula de infantil, promoción de tarefas e actividades, propostas, normas da aula, etc... https://educacioninfantilrubia.blogspot.com/

-      Correo electrónico do colexio: cando sexa para documentación oficial ou achega de arquivos.  ( ceip.virxedocamino@edu.xunta.gal )

-      Blog do centro “Prevención e seguridade fronte á Covid”: Información e recursos sobre a prevención fronte á Covid e o Plan de adaptación Covid. https://prevencioncovidrubia.blogspot.com/

-      Aula virtual: no caso de suspensión de clases lectivas presenciais. Proposta de actividades e seguimento do curso non presencial. (Cada alumno/a terá unha credencial para acceder).

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipvirxedocamino/aulavirtual/

-      Equipo Covid, para avisos relacionados coa sintomatoloxía Covid, dúbidas e consulta Plan adaptación Covid

o   Coordinadora: Andrea ( 653899773  - andrea@edu.xunta.gal )

o   Apoio e suplencia: Felipe ( 680354128 – felipeulloagonzalez@edu.xunta.gal )

 

Para solicitar unha titoría, debedes prever con tempo suficiente para poder concertar unha data e hora. Preferiblemente de xeito telemático. De ser presencial, cando o alumnado non estea fóra das aulas.

Comentarios