O VOAR DOS PAXAROS

AS VOSAS CREACIÓNS


NIÑO E COMEDEIRO DE ARTAI








A VOAR PAXARIÑOS

Coa chegada da primavera, o sol, as saídas ao monte... seguro que tedes visto pasar os paxariños voando, indo e vindo e piado. 

Ás veces, se te fixas moi ben, podes ver que levan no peteiro palliñas, e outras veces algún vermes! Realmente son animais incribles. 

Imaxinádesvos poder voar?

Unha tarde que saiades a pasear ao monte, despois de camiñar un rato, tumbádevos na herba a descansar e a mirar pasar aos paxaros, a escoitar o seu canto, a soñar que podedes voar e ir con eles.

VOA PAXARIÑO

https://www.youtube.com/watch?v=XmQD-n5Ynig



Ao son da canción, abrindo os brazos como se fosen ás, e movéndoos de arriba a abaixo, teredes esa fantástica sensación de voar.


Pero... que sabes dos paxaros? Onde viven? Que comen? Coñeces ós mais comúns da túa contorna?


FACEMOS UN NIÑO

1. Buscar ramas largas e flexibles ou pallas, xuncos , follas de sabugueiro...

2. Agrupar as ramas ou as herbas formando un círculo, entrelazándoas, e atalas cun cordón.

3. Formar o resto do niño enchéndoo de herbas ou fibra que podedes atopar en tendas de animais.

4. Colocalo nas polas dunha árbore do xardín ou que teñas preto de casa.

 


CREAMOS UN COMEDEIRO PARA PAXAROS

1.Cortar unha laranxa pola metade.

2. Baleirar e limpar ben as cáscaras.

3. Deixar secar as cáscaras ao sol.

4. Facer 4 buracos na casca enfrontados entre si (de xeito que formen unha cruz imaxinaria)

5. Pasar dous fíos duns 30 cm polos buratos e átaos na parte superior.

6. Poñerlle dentro comida para os paxaros (penso para paxaros, gran, sementes, faragullas de pan...) e colgalo na rama dunha árbore do xardín ou que teñas preto de casa, no balcón ou nunha xanela.


Se non tes laranxas tamén podes facelo reutilizando unha botella de plástico ou un cartón de ovos baleiro.

       



APRENDEMOS MÁIS


1. Observar pola ventá os paxaros e intentar adiviñar de que especie se trata coa axuda de teu pai, túa nai, un irmán, os avós... Para axudarte podes empregar esta guía de Adela Leiro que vos deixamos aquí:

ABECE DE PAXAROS

http://www.adelaleiro.com/gestion/catalogo/docs/abece3%20de%20paxaros.pdf


2. Tamén podes facerlle fotos ou vídeos cando se acheguen a comer ao comedeiro, a repousar nalgunha rama, arame, na varanda do balcón ou da escaleira...

3. Podes facer, si acaso, un debuxo do teu paxaro favorito e acompañalo do seu nome.

Lembra que podedes enviar as fotos dos teu comedeiro ou do teu niño, dos paxaros que vexas debuxo que fagas ao correo co colexio para compartilas con todos.

ceip.virxedocamino@edu.xunta.gal



ENTRETÉMONOS

Quería compartir con vós, un corto; a película en galego de "Cocorico", un conto que seguro coñecedes todos.

COCORICO (PELÍCULA)

     https://www.youtube.com/watch?v=n8zoAcCJaaM


E unha recomendación: o libro de Paxaro Amarelo de Olga de Dios. Seguro que vos vai a encantar!


Comentarios