MEDIO AMBIENTE: COIDAMOS O NOSO PLANETA I

Reutilizamos


Facemos un botiquín (Artai)





           








Por que é importante reciclar?

Lixo nos nosos océanos, ríos cheos de desperdicios, cidades con aire irrespirable... Sóbrannos os motivos, poñámonos en marcha!


 



Reciclar é unha das actividades cotiás máis sinxela e gratificantes que podemos levar a cabo. Así que, animádevos a practicala, aprendizaxe e diversión van da man!


Como reciclar correctamente

Se vos facedes un lío á hora de depositar cada residuo no seu contedor correspondente ou non acabade de entender por que hai que facelo, imos a ver algunhas cousas nesta páxina que ao final vos converterá en auténticos mestres do reciclaxe.

Queredes ideas para que sexa máis fácil identificar cada material e para entender por que é beneficioso reciclar ou reutilizar los envases e outros obxectos que xa non utilizamos? Para eso podemos axudarnos de outros recursos en liña. Mans á obra!


Reciclar é tamén un exemplo de responsabilidade social e coidado do medio ambiente. Practícalo?






4 razóns que amosan por que é importante reciclar

Todas os pobos e cidades de noso país poñen á nosa disposición colectores onde podemos introducir cada residuo, xa sexa orgánico, papel, plástico ou vidro. Tamén existen puntos limpos onde levar obxectos como electrodomésticos.

Por outra parte, podes colocar contedores na túa casa para facilitar o correcto reciclaxe dos produtos que consumides e axudar a desenvolver un hábito apropiado e un cambio de conciencia en toda a familia.

Razóns polas que sería vo practicar o o reciclaxe todos os días:


1. Aforramos enerxía e limitamos contra o cambio climático




  • Se reducimos o consumo de enerxía e reciclamos reducimos tamén o traballo de obtención, transporte e elaboración de novas materias primas, o que supón unha diminución importante do uso da enerxía necesaria para levar a cabo estes procesos.

  • Se consumimos menos enerxía xeramos menos CO2, contribuíndo á loita contra o cambio climático.

  • Menos contaminación do aire que respiramos cando xogamos no parque, na calle...


2. Usamos menos materias primas



Se reciclamos o vidro, o papel ou o plástico xa non hai necesidade de facer uso de tantas novas materias primas para fabricar produtos.

Desta maneira aforraremos unha cantidade importante de recursos naturais e conservaremos, entre outras cousas, os nosos bosque, os cales son fundamentais para descontaminar o ambiente.


3. Fabricamos novos produtos


A través do reciclaxe créanse novos produtos. Hai moitos obxectos cotiás que nacen a partir do reciclaxe.

Por exemplo, moitas caixas de zapatos fanse a partir dos “tetrabriks”, algunhas lamias das rodas dos coches están fabricadas coas latas de refresco que gardamos no frigorífico, e o forro polar que tanto nos abriga faise dalgunhas botellas de plástico.

Ten en conta que estes produtos necesitan menos agua e enerxía, e xeran menos contaminación durante su proceso de elaboración.

Ademais de reciclar pensa que se poden reutilizar materiais variados transformándoos en obxectos cun uso completamente novo. Queres practicar? Podes experimentar coas túas propias mans como transformar obxectos e materiais inservibles en novas ideas.



 
 


4. Preservamos el medio ambiente


O vertido do lixo doméstico ou os procedentes da industria, como sonos produtos químicos tanto das fábricas como agrícolas, están contaminando algúns ríos e polo tanto destruíndo o hábitat de moitas especies. Por eso é importante reciclar, porque se reciclamos:

  • As industrias contaminan menos o aire .

  • Protexemos o noso chan porque os residuos van so lugar correspondente e non se acumulan nas aguas dos nosos ríos e mares.

  • Ao usar os residuos orgánicos para facer compostaxe para o noso xardín ou horta, evitamos os fertilizantes químicos.


Sabías a importancia e as consecuencias dun acto tan cotiá como o reciclaxe dos materiais que xa non utilizamos?



Primeiros pasos de reciclaxe en casa

Podemos empezar por situar en casa catro recipientes para separar o lixo diario; un para os envases, outro para o vidro, outro para o papel e outro para o resto de lixo, e incluso un para os residuos orgánicos. Con esta actividade involucrarémonos na tarefa de separar os residuos en casa.

Tamén podemos buscar distintas ideas na rede, como manualidades para nenos, que os animarán a reutilizar e reciclar, inculcando de forma divertida o valor polo coidado do noso medio ambiente.


Reciclar é un xesto moi sinxelo que debemos converte nun hábito cotiá más dos nosos fogares e involucrar nel a toda a familia.



Reducir, reutilizar, reciclar; un mundo máis sostible


CANCIÓN: REDUCIR, REUTILIZAR, RECICLAR

CONTO: RECYCLAIRE


Reducir

Reducir o noso consumo de bens e de gasto enerxético supón contribuír de forma importante a diminuír de forma importante o seu impacto no medio ambiente. Se reducimos o problema, reducimos os efectos que poda causar.

Como facelo? comprando unicamente o que realmente necesitamos, escollendo os produtos elaborados o máis cerca posible e aqueles con materiais que se podan reciclar e que non presenten excesivo embalaxe ou envoltorio.



Reutilizar

Antes de tirar un obxecto que tes en casa pensa se podes darlle outra utilidade: estarás axudando ao medio ambiente e a túa economía. Seguramente encontrarás máis dos que imaxinas!

E se reutilizamos por exemplo unha caixa de froita? So tes que darlle ás a túa creatividade, e pasar un rato agradable transformando un algo aparentemente inservible en algo útil para ti como pode ser nunha caixa para gardar os xoguetes, nun andel... A imaxinación non ten límites!



Reciclar

Colocar cada residuo no seu contedor (amarelo, verde, azul e gris ou verde escuro) é algo sinxelo e vai a contribuír a poder xerar novos produtos a través do reciclaxe e diminuír desta maneira o uso de materia prima para poder elaboralos, así como a cantidade de lixo.

Recuerda que a parte de colocar os residuos habituais no seu respectivo colector hai outros elementos como las pilas, os móbiles ou os electrodomésticos que teñen que levarse a puntos específicos de recollida.

E lembra tamén que a materia orgánica como restos de froitas, plantas... podes depositalas noutro colector para despois facer compostaxe para o xardín ou a horta.


Lembra depositar en cada colector os residuos que correspondan:

No colector amarelo os envases, latas briks e envases de plástico, como as botellas.


No colector azul o papel e o carón.


No colector verde o vidro; botellas de vidro (pero non bombillas ou cristais rotos).

No colector gris/verde escuro todos aqueles residuos que non vaian en ningún dos anteriores.



En caso de dúbida, déixovos un enlace no que podedes consultar, que tamén podedes descargar como aplicación gratuita para o móbil.

A.I.R.E. (asistente intelixente de reciclaxe)

https://www.ecoembes.com/proyectos-destacados/chatbot-aire/

Trátase dun “chat-bot” que resolve calquera dúbida cando non sabemos en que contedor depositar os nosos residuos cando chegaron ao final da súa utilidade. Responde ao recoñecemento de voz ou mensaxes de texto, e é capaz de recoñecer, mediante unha foto, o tipo de residuo que queremos reciclar.


Preparados para reciclar!

Agora é o voso quenda! Enviádenos fotos de todas aquelas actividades e propostas que fagades para axudar a coidar o medio ambiente, para reducir o consumo e os desperdicios, para reciclar e as vosas creacións a hora de reutilizar.


ceip.virxedocamino@edu.xunta.gal

ceipvirxedocamino@gmail.com


A continuación déixovos unha guía con tres manualidades para divertirvos mentres fomentades a conciencia de reciclase.

MANUALIDADES PARA NENOS

https://recursos.oxfamintermon.org/hubfs/Ebooks/Ebook_Manualidades_para_nios_y_nias.pdf?utm_source=hs_automation&utm_medium=email&utm_content=72782343&_hsenc=p2ANqtz-_UcfsVE2twOIshZINQEmZ2Z18fw__3nxbm8O0HheTRY5oJd3dx96jh8MyJunVlwTPQYbBxRyEVDj0bz1eAMjJjdzu7-g&_hsmi=72782343


Comentarios