Escolle para levar a cabo a proposta que che interese:
PROPOSTA 1: QUE ESTÁ PASANDO?
Imaxes de absurdos
que nos permiten traballar a observación, a imaxinación e a
expresión oral. Podemos pedirlle varias cuestións(de unha en unha e por orde de dificultade). Que nos conte o
que está vendo. Que comente que é o que pasa na imaxe que está a
ver. Que explique por que ou como debería ser segundo o seu
criterio. Que observe algún aspecto/elemento/obxecto concreto da
imaxe. Que busque un elemento/obxecto concreto na imaxe....É fundamental que intente expresarse, empregando o vocabulario do que dispón, facendo definicións e frases completas. Por exemplo, si lle preguntamos cunha imaxe diante: "Onde está o rato?", e si responde: "Aquí", sinalando co dedo ao rato, hai que insistirlle: "Pero aquí, onde?, explícame", para que sexa capaz de definir o que ve, por exemplo, "pois está debaixo da mesa" ,e insistimos máis: "e que está facendo?". Para que explique: "Está comendo o queixo", e podemos seguir preguntándolle... "E como é?"; "De que cor?"; "Grande ou pequeno?".
Ao se tratar de imaxes de absurdos, xogaremos a buscar o que se corresponde e o que non se corresponde co contexto. Cousas que normalmente non atopamos nese contexto ou accións que non realizamos do xeito no que se ve na imaxe... E podemos ir máis alá, formulando hipóteses aos nenos/as de situacións imaxinarias a partir da imaxe: "Que pasaría si..."
Non é aconsellable traballar máis de dúas imaxes nunha sesión. Preme para escoller as imaxes:
Rogamos, por favor, non se modifiquen, nin se eliminen nin engadan contidos nestas carpetas do Drive. Será revisado. Grazas.
Rogamos, por favor, non se modifiquen, nin se eliminen nin engadan contidos nestas carpetas do Drive. Será revisado. Grazas.
![]() |
FOTOS ABSURDAS |
PROPOSTA 2: QUE ESTÁ
SOANDO?
Sons de animais, cos
que podemos traballar do seguinte xeito: primeiro presentamos o son
sen a imaxe, para que a crianza adiviñe de que animal se trata.
Despois podemos poñer a imaxe sen son, para que a crianza reproduza
a onomatopea ou son que emite o animal que está a ver. Finalmente
podemos facer o mesmo, pero con máis dun animal, para que recorde o
que viu e reproduza os sons, ou pola contra, que dunha vez escoite
varios sons sen ver as imaxes, e sexa capaz dicir en orde, os animais correspondentes aos
sons que escoitou.
Podemos repetir o
mesmo tipo de xogo cos seguintes sons:
MEDIOS DE TRANSPORTE
INSTRUMENTOS DE MÚSICA
PROPOSTA 3: CONTOS PARA A ESTIMULACIÓN LINGÜÍSTICA
Contos para
traballar o fonema /s/, o fonema /l/ e o
fonema /f/. Traballar un só conto por sesión. Narración sen imaxes, poñendo énfases nos sons dos fonemas que queremos que repitan. Preme nas seguintes imaxes para ver máis grande.
![]() |
A GATA FUFI |
A SERPE SISI |
![]() |
A LINGUA LOLA |
Despois
de contarlle os contos, podemos pedirlle que nos axuden a contalo
eles/as, dándolle a oportunidade que reproduzan por si mesmos/as os
sons dos fonemas que estamos a traballar. Tamén podemos pedirlle que
debuxen
nun folio, aos protagonistas do conto que acaban de escoitar. E
finalmente buscar pola casa obxectos/elementos/xoguetes que conteñan no seu
nome os fonemas traballados. Ou dicir cousas que empecen por... Etc.
Grazas á mestra Vanesa de AL que nos proporcionou recursos.
Lembrade que todas as propostas son suxestións opcionais e voluntarias.
Comentarios
Publicar un comentario