MÁIS RECURSOS

XANEIRO 2021

Estamos inmersos no inverno, aquí vos deixamos unha curtametraxe, realmente conmovedora: Neïla. Na que por unha banda podemos entrever a temática da perda dun ser querido, pero tamén da valentía, o respecto e o amor polo próximo. Todo forma parte do crecemento e da maduración persoal. Os nenos e nenas, teñen que ir madurando seguindo o seu propio ritmo, tamén a partir dos propios erros e atrevementos, incluso daqueles que poden resultar temerarios, deben aprender.


Nestes meses nos que pronto escurece e ademais coas restricións por mor da pandemia, temos que pasar máis tempo no lar, ben podemos seguir fomentando a lectura.

Un libro recomendable é "El maravilloso MINI-PELI-COSO" de Beatriz Alemagna. Un conto con fermosas ilustracións, para traballar o incríbel rico mundo de imaxinación e fantasía infantil, ademais tamén aproveitamos para traballar aspectos do mundo urbano: a rúa e as tendas, e de pasada, oficios e profesións.


Tamén neste mes celebramos o día da Paz e a non violencia escolar. Atoparedes recursos na aula virtual, no curso de plurinfantil/inglés e na páxina principal deste mesmo blog.


DECEMBRO 2020

Ás veces as nenas e nenos poden mostrar actitudes discriminatorias, ben sexa de xeito consciente ou inconsciente. Este é un aspecto a ter en conta para fomentar actitudes de respecto polas diferenzas, a ser máis tolerante cos demais, e a romper cos estereotipos. Con esta curtametraxe de Pixar podemos traballar a prol deste gran valor humano: aceptar e respectar as diferenzas de cada quen.



NOVEMBRO 2020

Aproxímase o 25N, a conmemoración do día contra o maltrato ás mulleres e contra a violencia machista e de xénero, contra as desigualdades entre homes e mulleres...

Debemos traballar para romper estereotipos, formas de discriminación sexista, actitudes machistas e violentas... 
Por iso aquí van unhas recomendacións en forma de contos, si tedes a oportunidade de adquirir ou conseguir algún en formato libro, moito mellor, pero aínda así tamén os tedes en YouTube, en forma de video-contacontos.

A partir de 3/4 anos:

Rosa caramelo de Adela Turín e Nella Bosnia.
Arturo y Clementina de Adela Turín e Nella Bosnia.
El niño que no quería ser azul y la niña que no queria ser rosa, de Patricia Fitti


A partir de 4/5 anos:

Las princesas también se tiran pedos de Ilan Brenman e Ionit Zilberman
La princesa rebelde de Anna Kemp e Sara Ogilvie
¿Hay algo más aburrido que ser una princesa rosa? de Raquel Díaz Reguera


A partir de 5/6 anos:

Cuando las niñas vuelan alto de Raquel Díaz Reguera
Barbazul de Charles Perrault



OUTUBRO 2020

Dúas curtametraxes, unha para traballar a tolerancia, a asertividade, o abuso, a empatía...(BRIGDE)
E a outra para traballar a ilusión, a superación, a frustración, a colaboración...(SOAR)



Para os máis pequerrechos, e non tanto, a seguinte ronda, non falla... "La risa de las vocales" (os primeiros 2 minutos, a continuación hai máis cantigas, que tamén lles gustan moito)

SETEMBRO 2020

Un par de contos para traballar a Educación en Valores e a xestión das emocións: 



Aprendemos os números con Pocoyó, e esta canción chea de ritmo e color:



Para fomentar o lavado de mans, estamos aprendendo o nome dos dedos en galego. E gústalles moito!

 

Traballamos as emocións e os estados de ánimo co conto "El monstruo de colores" de Anna Llenas.

Hai moitos recursos, pero con esta cantiga sobre o conto, aprenden axiña a recoñecer e relacionar as cores que emprega o monstro para expresar e ordenar as súas emocións. 

Hai unha versión especial en LSE, que ademais dá un maior número de cores e sentimentos...



Comentarios