MEDIDAS COVID

FALTAS DE ASISTENCIA:

Os familiares deben comprometerse a:

  • Avisar sempre ao centro a través da titoría ou da dirección do mesmo cando se prevexa que a nena ou o neno vai a faltar, xustificando o motivo, e cando este sexa por motivos de saúde con asistencia médica, aportando o pertinente xustificante médico (excepto por sintomatoloxía covid ou sospeita da mesma).
  • Facer, cada día, antes de saír para o colexio, a enquisa de auto-avaliación para determinar ou descartar a posibilidade de presentar sintomatoloxía compatible á Covid-19 ou sospeita da mesma.
  • Non levar o neno ou nena ao colexio se presentan sintomatoloxía compatible á Covid-19 ou sospeita da mesma. Tampouco se presentan cadro febril, aínda que se lle teña administrado previamente medicación antipirética.
  • As faltas de asistencia serán rexistradas no XADE e no libro de rexistros establecido polo Plan de adaptación á situación Covid-19 no curso 2020/2021.
  • As familias deben enviar por escrito un xustificante das faltas de asistencia, que poden realizar mediante o seguinte modelo: PREME AQUI.

NA ENTRADA:

  1. O alumnado de infantil debe traer cada día o mandilón xa posto dende a casa e non se permitirán as mochilas con rodas en ningún caso.
  2. A hora de entrada é ás 9:50h (excepto para o alumnado con dereito a servizo de transporte). Non se abrirá a cancela antes desa hora. Nos meses de setembro e xuño a entrada é ás 9:20h.
  3. Antes de entrar mediremos a temperatura corporal (En caso de presentar febre non se deixará acceder ao recinto escolar).
  4. Sempre debemos desinfectar as mans con unha pinga de xel hidroalcohólico e as pegadas do calzado nas alfombras que se colocarán nas entradas tanto do recinto coma dos diferentes edificios do mesmo. E directamente a formar as ringleiras.
  5. Para facer as ringleiras, cada alumno/a debe situarse enriba dun círculo, segundo a cor que lle corresponda polo seu grupo-aula (Infantil: na cor verde; os de 1º, 2º e 3º de primaria a cor azul; e os de 4º, 5º e 6º de primaria o vermello). No suposto de que estea chovendo, non se formarán ringleiras, cada alumno irá entrando directamente para as aulas. As entradas deben ser ordenadas, evitando carreiras, empurróns e aglomeracións.
  6. Nos corredores, deixamos as mochilas nos estantes correspondentes no caso de infantil, e a roupa de abrigo nas perchas identificadas para cada alumno/a.
  7. Finalmente xa podedes entrar nas aulas e ocupar as cadeiras que estarán marcadas co voso nome. A pesar de formar grupos de convivencia estable, tentaremos gardar medidas de seguridade de distancia.

NA AULA:

  • Non será obrigatorio o uso da máscara dentro da aula para o alumnado de infantil (si será obrigatorio para o resto do alumnado). O profesorado empregará obrigatoriamente a máscara, e voluntariamente outros métodos alternativos de protección. O alumnado debe ter máscaras de reposto.
  • Non se permitirá compartir o material propio de cada quen. Todos os seus efectos persoais deberán estar ben identificados (roupa de muda, roupa de abrigo, estoxos, etc...) 
  • Non se permitirá que traian da casa tanto xoguetes coma outros obxectos non necesarios.

  • Non se permitirá compartir comida nin bebida (as merendas deben vir nun recipiente identificado co seu nome, e que sexa doado de abrir e cerrar polo alumno/a. A comida debe vir preparada para o seu consumo, e a bebida, preferiblemente auga, en botella identificada).
  • O material de uso común da aula, deberá ser desinfectado antes de ser compartido e/ou permanecer nunha caixa ou recipiente illado, durante un tempo mínimo de 24h. sen usar por outro alumno/a.
  • Os recantos organizaranse por postos individuais, e priorizaranse tarefas e xogos didácticos.
  • O lavado de mans será como mínimo de 5 veces ao día, sendo un á entrada, e outro á saída, así como tamén antes das comidas e despois dos recreos.
  • A aula será ventilada como mínimo 4 veces aos día ou constante, sempre que as condicións meteorolóxicas o permitan.

NO ASEO:

  • O alumnado de infantil conta cun aseo dentro da aula e outro fóra desta, pero no corredor da mesma planta (do edificio aulas).
  • Só se permitirá acudir de un en un en cada posto.
  • Despois de usar os aseos, débese facer un lavado de mans con auga e xabón.
  • As papeleiras con tapa e pedal, deben ser accionadas mediante o pedal e evitar tocar a tapa.
  • o alumnado debe traer roupa de muda para ter no colexio en caso de ser preciso cambiarse. No caso de que precise dunha maior hixiene, avisarase ao familiar autorizado, que acudirá ao centro, esperando sempre no exterior, e segundo sexa o caso, poderá ser autorizado a acceder ou ben a levar ao menor para mudalo ou asealo na casa.

NO RECREO:

  • Procurarase que para saír poñan a máscara para fomentar o seu uso, pero o alumnado de Infantil, unha vez estea xa no patio, poderá prescindir da máscara se non a tolera, e sempre que non comparta espazo con outros grupos-aula.
  • O espazo estará delimitado en tres zonas: unha para o alumnado de infantil e dúas para o alumnado de primaria. Cando as condicións meteorolóxicas determinen o uso do patio cuberto, estableceranse quendas alternas para os tres grupos, podendo empregar as aulas e as aulas auxiliares en sesión de descanso. No caso contrario, non se permitirá o acceso ás aulas nin outros espazos interiores durante o recreo (agás os aseos).

  • Se precisan ir ao aseo, o alumnado de infantil empregará os da planta baixa do edificio-aulas (desinfectando as pegadas do calzado na alfombra antes de entrar, e lavando as mans con auga e xabón antes de saír).
  • Non se permitirá compartir nin xoguetes, nin alimentos nin bebidas.
  • No caso de precisar viseiras ou gorras para o sol, deberán estar identificadas, non se permitirá compartir nin prestar, e deberán ir e vir sempre nas súas mochilas.
  • Ao remate do recreo, o alumnado formará as ringleiras ocupando cada quen un círculo da cor que lle corresponde por grupo-aula.
  • Antes de entrar, desinfección das pegadas do calzando nas alfombras correspondentes.
  • A continuación xa podemos entrar nas aulas ocupando os nosos postos correspondentes.

NO COMEDOR:
  • O alumnado de infantil comerá separado do alumnado de primaria, nunha aula habilitada no corredor da planta baixa do edificio-aulas. Aida que é un grupo de convivencia, gardaranse as medidas de distancia de seguridade. Se precisan ir ao aseo, empregarán tamén os do corredor da mesma planta.
  • Antes de ir ao comedor, será obrigatorio o lavado de mans con auga e xabón.
  • O alumnado de infantil estará atendido por un membro do persoal colaborador do servizo de comedor, non podendo intercambiarse con outro membro durante toda a sesión, agás causas de forza maior. Os adultos deben usar obrigatoriamente a máscara.
  • Dentro do comedor, aplicaranse as mesmas medidas que na aula (especialmente para evitar que compartan enxoval, alimentos ou bebidas).
  • Por precaución, neste curso, non se aplicarán as rutinas de hixiene dental, deberán facelo nos seus propios fogares.
  • Unha vez remate o xantar, aplicaranse as mesmas medidas do paragrafo anterior referente ao RECREO.

NA SAÍDA:

  1. Os familiares/acompañantes autorizados deberán facer a espera deixando a zona cuberta do acceso totalmente desocupada e libre de aglomeracións.
  2. A saída será ás 16:30h. (excepto nos meses de setembro e xuño que será despois do xantar ás 15:15h.), pola cancela principal agás o alumnado con dereito a servizo de transporte, que sairá pola porta do patio cuberto.
  3. No horario de tarde, antes de saír, faremos un lavado de mans con auga e xabón. Porán a máscara, e a roupa de abrigo se fose o caso, e a mochila. O mandilón levarano todos os días para casa, posto ou dentro da mochila.
  4. Ao saír do edificio, situaranse nos círculos de cor das ringleiras que están pintados no patio, e irán saíndo en orde, segundo o vaia indicando o persoal docente de garda. (Sempre que as condicións meteorolóxicas o permitan, non caso contrario, deberán esperan dentro dos corredores de acceso as aulas correspondentes, ata que o persoal docente de garda vaia dando orde de saída ordenada). (De outubro a maio).
  5. Os familiares/acompañantes autorizados e o alumno/a, unha vez xuntos fora do recinto, non poderán permanecer preto da saída, deixando o espazo libre de aglomeracións.
  6. Cando puntualmente un alumno/a con dereito a servizo de transporte sexa recollido por un familiar/acompañante autorizado, deberá facelo pola porta do patio cuberto e comunicarllo ao persoal docente de garda.
  7. Cando puntualmente un alumno/a teña que saír xustificadamente antes da hora habitual da saída, o familiar/acompañante deberá avisar previamente ao centro, ao mestre/a titor/a ou dirección do mesmo, especificando a hora de saída. E deberá facer espera fóra do recinto escolar e chamar ao timbre. O alumno/a será acompañado por un mestre de garda ou persoal do centro ata a porta de saída.

OUTRAS MEDIDAS ESPECÍFICAS:

  • Non se permite a entrada ao recinto escolar sen autorización previa, agás persoal do centro e alumnado. E con autorización, sempre con máscara e desinfección previa de mans e pegadas de calzado.
  • Todas as comunicacións deben ser preferentemente mediante vía telemática (telefonía, videochamada, mensaxería, abalar móbil, páxina web), ou mediante cartelería (información, carteis, tablón de anuncios). Na etapa de infantil non se empregarán nin axendas, nin cartas en papel. O profesorado empregará preferentemente a aplicación Abalar móbil para comunicarse coas familias de xeito puntual.
  • As titorías deben ser preferentemente mediante vía telefónica ou videochamadas, e con cita previa. No caso de realizarse titorías presenciais, deberán seguir o protocolo establecido no Plan de adaptación á situación Covid-19 no curso 2020/2021 do centro.
  • As actividades complementarias, conmemorativas e de celebracións que se leven a cabo dentro da PXA, serán feitas na propia aula de cada grupo, e non se permitirá a asistencia de familiares e terceiros.
  • Non se levarán a cabo as seguintes actividades: Préstamo para casa de libros da biblioteca do centro nin mochila viaxeira física.
  • No suposto de detectar síntomas ou sospeita dos mesmos nas instalacións do recinto escolar, compatibles á Covid-19, o equipo covid do centro ou a persoa coordinadora do mesmo, procederá a activar o protocolo pertinente. As persoas que presenten ditos síntomas serán trasladadas de inmediato á zona de illamento que se habilitará na aula de informática. Unha vez activado o protocolo, seguiranse as pautas que determinen os equipos coordinadores correspondentes ás Administracións de Educación e de Saúde.
  • En canto as medidas de limpeza, estas quedan recollidas no Protocolo de limpeza dentro do Plan de adaptación a situación Covid-19 no curso 2020/2021 do centro, no que se contemplan as medidas mínimas esixidas polo protocolo conxunto das Consellerías de educación e saúde.
Todas estas medidas, quedarán suxeitas a posibles modificacións que sexan establecidas, tanto polas Autoridades Educativas e Sanitarias, así como a través do Plan de adaptación á situación Covid-19 no curso 2020/2021, segundo a evolución da pandemia o determine.